noticias-blog

Domingo, 19 Mayo 2024

O PARQUE XA TEN GAÑADOR.

Pódese visitar hasta este venres 16/06 as 11 propostas presentadas nunha sala disposta na Casa das Palabras en Samil.
Consellería de Vivenda e Solo inviste 6,2 millóns de euros no desenvolvemento do Parque de San Paio de Navia deseñado por un estudio de arquitectos de Vigo.
Táboas salientou a adaptación á topografía e o uso de enerxía renovable da proposta gañadora do concurso convocado para o deseño deste espazo verde
O parque comezará a construí­rse en marzo de 2007 e conta con superficie de 109.000 metros cadrados.
A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, presidiu hoxe o xurado que elixiu a proposta gañadora para a elaboración do proxecto básico e do proxecto de execución do futuro parque de San Paio de Navia, en Vigo. A proposta gañadora, anónima e presentada baixo o lema Jocari 1, é o estudio de arquitectos de Vigo J.A.S.C. Arquitectos.
A partir de agora este estudio dispón de 5 meses para a redacción do proxecto básico e do proxecto de execución, por un importe de 64.200 € para o proxecto básico e 57.700 € para o de execución. O xurado elixiu por unanimidade esta proposta, segundo explicou Teresa Táboas, "pola súa adaptación á topografía, pola resolución dos espazos intermedios entre edificios e pola proposta de utilización de enerxías renovables para a iluminación do parque". Non obstante, o xurado suxire ao equipo gañador que "á hora de redactar os proxectos básico e de execución valore a posibilidade de incorporar en maior medida, da reflectida no anteproxecto, a utilización da auga como recurso paisaxístico.
A Consellería de Vivenda e Solo, cumprindo os prazos anunciados, "sacará a concurso a adxudicación das obras en xaneiro de 2007 e contratará a realización material do parque en marzo de 2007", explicou a conselleira.
Táboas salientou que con esta actuación o seu departamento "quere ir avanzando na execución de todas as actuacións pendentes en San Paio de Navia, dada a importancia deste polígono de vivendas protexidas que albergará a 4.000 familias".
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web