noticias-blog

Martes, 30 Abril 2024

COOPERATIVAS DE VIVIENDA CON CALIDADE

Táboas invita ás cooperativas a que aposten pola calidade e a innovación tecnolóxica cando promovan vivenda protexida

Salienta que o Plan de Vivenda 2005-2008 equipara fiscalmente as vivendas protexidas construídas en Galicia coas do resto do Estado, permitindo a compradores, promotores e construtores ter os mesmo beneficios fiscais

Santiago de Compostela, 29 marzo de 2005.- A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, inaugurou a xornada explicativa sobre o Plan Galego de Vivenda organizado pola Unión Galega de Cooperativas de Vivenda (UGACOVI), na que instou ás cooperativas de vivenda a facer unha "decidida aposta" pola calidade e polas novas tecnoloxías cando promovan vivenda protexida en Galicia.

"Quero convidar a UGACOVI, como entidade que une ás cooperativas de vivenda de Galicia, a que cando promovan vivenda protexida aposte pola vía da calidade arquitectónica, da calidade constructiva, incorporando criterios de sustentabilidade as novas edificacións e impulsando propostas innovadoras e novas tipoloxías de vivenda", salientou a conselleira nacionalista. "A vivenda protexida ten que deixar de ser sinónimo de baixa calidade estética e construtiva, ao contrario, debe converterse en exemplo para a vivenda libre", recalcou.

Durante a inauguración da xornada, Táboas salientou que o Plan de Vivenda 2005-2008 "equipara fiscalmente" as vivendas protexidas construídas en Galicia coas vivendas de protección oficial do resto do Estado, "o que lles permite tanto aos compradores como aos construtores e promotores disfrutar dos mesmos beneficios fiscais, en canto aos impostos de actos xurídicos documentados e transmisións patrimoniais", a diferencia do que sucedía no Plan de Vivenda 2002-2005 aprobado polo Goberno anterior.

Esta medida favorecerá a implicación do sector privado na construción de vivenda a prezo taxado, "tamén ás cooperativas" salientou a conselleira, e non penalizará aos compradores.

Táboas tamén explicou que no caso das cooperativas que promovan vivenda protexida teñen unha dobre vía de axudas. Como promotores, con créditos preferentes para financiar a obra, e como compradores de vivenda protexida, os socios cooperativistas "poderán beneficiarse das axudas establecidas para os adquirentes de vivenda protexidas unha vez sexan adxudicadas as vivendas".

Neste sentido, a conselleira nacionalista lembrou que para que unha cooperativa poda promover vivenda protexida todos os socios deben cumprir as condicións de demandantes de vivenda a prezo taxado.

A titular de Vivenda subliñou algunhas das principais novidades do Plan Galego de Vivenda 2005-2008, entre elas a creación do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida que espera este funcionando no terceiro trimestre do ano, e que permitirá "saber con rigor canta vivenda protexida se demanda en cada un dos concellos galegos e de que tipo". Para Táboas, ese rexistro é o "instrumento necesario" para desenvolver unha política de vivenda "coherente", que ata agora non existía.

Tamén fixo referencia ás xestións emprendidas pola Consellería para favorecer a creación de solo residencial, tendo en conta "a importante repercusión do solo no prezo final da vivenda, un 30% de media, porcentaxe amplamente superado nas grandes cidades", alegou.

Entre as medidas adoptadas salientou a negociación posta en marcha coa FEGAMP para acadar un "un gran pacto polo solo", a oferta feita aos concellos das grandes cidades "para adquirir o seu patrimonio municipal de solo" a que se suma a proposta de actuar "como axente urbanizador" das bolsas de solo que os concellos teñan delimitados nos seus plans de ordenación e que non sexan capaces de desenvolver, "en todos os casos para que ese solo se dedique á construcción de vivenda protexida".
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web